14 Xul Tejas Verea continúa a súa expansión en Estados Unidos
Tejas Verea consolida o seu mercado en Estados Unidos. Na actualidade, máis do 30% da súa produción de tella cerámica sae en contedores desde o porto de Vigo con este destino e outros como Panamá ou República Dominicana, o que a nivel de facturación supón o 50%.
Luís Verea, conselleiro delegado da empresa situada en Mesía (A Coruña), explicou que “as expectativas en Estados Unidos e República Dominicana son boas, a pesar da subida do custo de fletes, que chegaron a subir ata cinco veces por mor da pandemia”.
Actualmente a compañía está enfocada no sur e leste de Estados Unidos e a previsión é seguir crecendo alí. Para iso, contan cunha sociedade encarga de distribuír o produto, que é máis demandado no estado de Florida, pero que tamén chega a outros como Xeorxia, Tennessee e Alabama.