23 Xuñ O FP Dual de Escavacións e Sondaxes dará comezo o próximo curso
O ciclo de Formación Profesional – Técnico en Escavacións e Sondaxes será unha realidade o próximo curso 23-24 en Galicia. Unha formación que as empresas do sector mineiro levaban anos reclamando debido á escaseza deste tipo de perfís profesionais para cubrir as súas vacantes.
Arigal, xunto coa Cámara Oficial Mineira de Galicia, estiveron traballado durante seis anos pola inclusión deste ciclo que finalmente se impartirá en Santiago de Compostela no IES Fontiñas, cunha duración de 2000 horas.
A inscrición está aberta desde este martes 22 de xuño e poderán matricularse aqueles que estean en posesión dalgún dos seguintes títulos:
- Título de Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria ou dun nivel académico superior.
- Título Profesional Básico (Formación Profesional de Grao Básico).
- Título de Técnico/a ou de Técnico/a Auxiliar ou equivalente a efectos académicos.
Entre as capacidades que os alumnos e alumnas obterán nos diferentes módulos están, entre outras, as seguintes:
- Realizar perforacións subterráneas e ao descuberto.
- Practicar voaduras.
- Levar a cabo a estabilización de noiros ao descuberto.
- Recoller testemuñas e tomar mostras.
- Manexar maquinaria de escavación e de movemento de terras.
Ao finalizar o ciclo, os estudantes estarán preparados para traballar en compañías dedicadas á extracción ou exploración mineira, así como no ámbito da hidroxeoloxía e geotecnia, e noutros sectores como o da construción.
Para máis información sobre o proceso de admisión consulta na web do centro.