19 Xuñ A USC lanza o máster de formación permanente en acumulación enerxética
Co fin de desenvolver unha transición enerxética sostible e verde é necesario que aumente ata 15 veces o almacenamento de enerxía, polo que dispoñer de profesionais capacitados convértese nun factor crítico para este proceso.
Para iso, a Universidade de Santiago de Compostela lanzou o novo Máster de Formación Permanente en Acumulación Enerxética, co que colabora a Cámara Oficial Mineira de Galicia.
O principal obxectivo é formar aos profesionais do futuro na ciencia e a tecnoloxía da acumulación de enerxía para que sexan capaces de liderar a transición enerxética cara a unha Europa neutra en Carbono. Esta formación está dirixida a alumnos que cursasen graos de Física, Química, Enxeñería ou Arquitectura. O ensino levará a cabo en modalidade en liña e as prácticas en modalidade híbrida. O prazo da preinscrición ao máster atópase aberto ata o 15 de xullo.