07 Mai O interese polo granito galego aumenta tras o peche do porto de Shanghái
O colapso no porto chinés de Shanghái continúa afectando á industria internacional. Con todo, o sector do granito galego viu como esta crise supuxo o incremento da demanda de pedra natural extraída na nosa comunidade, posicionándose como favorita entre compradores tradicionais do mercado asiático.
José Ángel Lorenzo, secretario xeral da Agrupación industrial do Granito, explica que o confinamento decretado en Shanghái non está a ter en si un impacto positivo, xa que este afecta o sector cunha menor dispoñibilidade de equipos de carga e cunha maior dificultade para obter algúns consumibles procedentes de China.
Dentro deste contexto, o feito de que o país reducise as súas exportacións de rocha ornamental, amortece o golpe. China é a principal potencia mundial de granito, e o déficit na oferta permitiu que a demanda de granito galego aumentase en Europa e no Norte de África.