21 Dec A COMG lanza a nova web do Catastro Mineiro de Galicia
A COMG acaba de publicar unha nova web que engade novos contidos ao redor do Catastro Mineiro de Galicia.
Neste novo sitio web inclúense varias seccións, por exemplo unha sección de ‘Noticias’ onde se informará das actualizacións do visor do catastro. Inclúese tamén unha área de axuda e preguntas frecuentes, un cadro estatístico onde se recollen a tempo real os dereitos mineiros outorgados, solicitados e caducados. Así como un novo sistema de procura máis simple para o visor, a través de seccións, zonas xeográficas ou estado dos dereitos. Unha das principais novedades, é que a través desta nova páxina web, pódese acceder mediante servizos WFS e OGC ás capas de dereitos mineiros.
No que respecta ao visor, incorpóranse novas funcionalidades centradas principalmente nunhas mellores ferramentas de búsqueda de dereitos.
Podes acceder á web aquí.