23 Feb Webinar Técnico “Norma UNE-EN 689:2019 e exposición a sílice cristalina respirábel”
O Instituto Nacional de Silicose celebra o próximo 25 de febreiro ás 11:00 horas un webinar técnico, onde se tratará a publicación do novo Real Decreto 1154/2020, do 22 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo.
O evento virtual terá lugar a través da plataforma Teams, e será presentado por D.Luís Díaz López, Director do Instituto Nacional de Silicose.
Trataranse os temas:
Aplicación da norma UNE-EN 689:2019+AC:2019 á avaliación da exposición a SCR.
José Luis Sanz Romeu – Técnico Superior do INSST e Responsable da unidade de cromatografía líquida de alta resolución do Departamento de Metroloxía de Axentes Químicos do CNVM- INSST.
Mostraxe de SCR e análise de laboratorio.
Pablo Fernández Rodríguez – Xefe de Sección Laboratorio do Departamento Técnico do Instituto Nacional de Silicose.
Exemplos prácticos de avaliación da exposición a SCR segundo a norma UNE-EN 689:2019+AC:2019.
Dª María Carballo Menéndez – Enxeñeira Técnica do Departamento Técnico do Instituto Nacional de Silicose.
Para obter acceso ó webinar rógase enviar un correo de solicitude a info@ins.es