17 Feb Juan José López Muñoz, vicepresidente da COMG, asume as funcións de presidente da entidade
En virtude do Regulamento Interior da Cámara Oficial Mineira de Galicia, tras a renuncia á presidencia da Cámara por parte da empresa Lista Granit, José Lista Tasende non pode continuar levando a cabo os labores como presidente.
Juan José López Muñoz, vicepresidente da COMG, pasa a desenvolver as funcións de presidente ata que sexa ratificado como tal na próxima reunión da Xunta Directiva, ou ben sexa escollido outro candidato ou candidata.