02 Feb A Cámara Oficial Mineira de Galicia súmase á conmemoración do Día Mundial das Zonas Húmidas
O 2 de febreiro celebrouse o Día Mundial das Zonas Húmidas, e a Cámara Oficial Mineira de Galicia súmase á conmemoración.
As zonas húnidas son áreas nas que a presenza da humidade é vital para todos os seres vivos que se asintan neses hábitats.
Cabe lembrar que moitos destas zonas húmidas son creadas a partir de ocos mineiros. Estes ecosistemas esténdense por todo o territorio galego, en beneficio dos hábitats e da poboación. É así como a minería, despois de proporcionar beneficios económicos e sociais durante a fase de explotación, continúa xerando riqueza. Os espazos mineiros convertidos en zonas húmidas representan ecosistemas de gran valor, onde diversas especies animais e vexetais, algunhas mesmo en risco de extinción, atopan un lugar no que desenvolverse.
Imaxe: Tiempo.com