javier-cupa-group

Cupa Group adquire a empresa Pizarras Gallegas

A empresa Cupa Group con sede en Carballeda de Valdeorras fíxose coa empresa Pizarras Gallegas, situada en Vilamartín de Valdeorras.  Trátase dunha empresa de carácter familiar, fundada pola familia Rodriguez Jurjo hai 50 anos. Pizarras Gallegas conseguiu no último exercicio unha facturación de 10 millóns de euros e uns beneficios de case 4 millóns.

Coa compra, Cupa consegue o liderado mundial na produción de lousas para cubertas. Este grupo está integrado por 65 sociedades con filiais en nove países e a súa propiedade ascende a 22 canteiras. Conseguindo unha exportación a máis de 70 países.

Todos os traballadores de Pizarras Gallegas manteñen os seus postos de traballo. Coa operación Cupa Group suma un total de 2.100 empregados.