entellate-2023-comg

O pasado 12 de maio, Tejas Verea e o concello de Mesía (A Coruña) presentaron a campaña ‘EnTéllate’, unha acción dirixida a escolares para que coñezan a importancia da industria na contorna rural. A directora da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Arantxa Prado Santiago, acompañou aos impulsores desta proposta na xornada de presentación. A meta desta campaña é concienciar aos escolares de Ordes e Arzúa do papel relevante que xoga o rural en Galicia, así como poñer en valor os recursos naturais, como a arxila, e a importancia da súa xestión sostible e responsable. Para iso realizaranse visitas guiadas ao Centro de Interpretación de Brañas de Valga e ás instalacións de Tejas Verea. A iniciativa ten como obxectivo que os escolares ‘se enteren’ e reforzar a súa conexión co medio rural, desde unha tripla perspectiva: ambiental (#BioEnTéllate), histórica (#HistoriEnTéllate) e social (#RuriEnTéllate).