23 Mar 10 chaves da Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética
O proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética foi aprobado por maioría no Congreso e está pendente do seu último trámite no Senado. Resumimos as 10 principais medidas:
1.Planificación e obxectivos da transición enerxética.
Algúns dos obxectivos a alcanzar para 2030 son:
- Reducir en, ao menos un 23%, as emisións de gases de efecto invernadoiro respecto do ano 1990.
- Que un 42% do consumo de enerxía final, proceda de fontes renovables.
- Reducir un 39.5% o consumo de enerxía primaria.
Preténdese antes de 2050 que España alcaen a neutralidade climática. O sistema eléctrico deberá estar baseado, únicamente, en enerxías renovables.
2.Enerxías renovables e eficiencia enerxética
Preténdese para 2050, ter un sistema eléctrico baseado 100% en enerxías renovables. En materia de eficiencia enerxética, o Goberno promoverá e facilitará o uso eficiente da enerxía, a xestión da demanda e o uso de enerxía procedente de fontes renovables no ámbito da edificación. Para isto, ordénase a elaboración dun Plan de Rehabilitación de Vivendas e Renovación Urbana co obxectivo de mellorar o parque edificado.
3.Transición enerxética e combustibles
Desde a entrada en vigor desta lei non se otorgarán novas autorizacións de explotación, permisos de investigación de hidrocarburos ou concesións de explotación para os mesmos. Esta mesa prohibición aplicarase tamén coa fracturación hidráulica para a obtención de combustibles fósiles.
Así mesmo, o Goberno non admitirá novas solicitudes para o otorgamento de permisos de exploración, permisos de investigación ou concesións directas de explotación, nin a súas prórrogas, de materiais radioactivos sobre enerxía nuclear. Ademais, pretende rematar coas subvencións aos combustibles fósiles.
4.Movilidade sen emisións e transporte
Adoptaranse medidas para alcanzar no ano 2050 un parque de turismos e vehículos comerciais lixeiros sen emisións directas de CO2, establecidas conforme á normativa comunitaria.
Os municipios de máis de 50.000 habitantes e os territorios insulares adoptarán plans de movilidade urbana sostible, non máis tarde de 2023, que introduzan medidas de mitigación que permitan reduciren as emisións derivadas da movilidade.
Os titulares das instalacións de suministro de combustibles e carburantes a vehículos cuxo volume anual agregado de ventas de gasolina e gasóleo A en 2019 alcanzara un mínimo marcado por lei, deberá instalar, polo menos, unha estación de recarga eléctrica. Ademáis establecerase a obligación de instalar puntos de recarga de vehículos eléctricos en edificios de nova construcción e en intervencións en edificios existentes.
5.Medidas de adaptación aos efectos do cambio climático
Incorpórase, por primeira vez nunha lei, a necesidade de activar políticas de adaptación aos efectos do cambio climático, cos que xa convivimos. Incentívase a participación dos propietarios e xestores públicos e privados, especialmente os do sector agrario e forestal no aumento da captación de CO2 dos sumideros de carbono.
Prevense medidas para a protección da biodiversidade e os seus hábitats fronte ao cambio climático.
6.Medidas de transición xusta
Cada 5 anos, publicarase unha Estratexia de Transición Xusta. É o instrumento de ámbito estatal dirixido á optimización das oportunidades na actividade e emprego da transición cara unha economía baixa en emisións de gases de efecto invernadoiro. Ademáis, haberá cese da produción de carbón nacional.
7.Recursos no ámbito nacional para a loita contra o cambio climático e a transición enerxética
Os ingresos procedentes das poxas de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro serán empregados para o cumprimento dos obxectivos en materia de cambio climático e transición enerxética, e poderase destinar ata o 30% dos ingresos totais a medidas con incidencia social para paliar situacións provocadas pola transición cara unha enconomía descarbonizada.
8.Novas obligacións de información para evitaren riscos financieiros
A nova Lei de Cambio Climático prevé unha obligación ás empresas para que calculen e fagan pública a súa pegada de carbono, e traballen en plans para reduciren as súas emisións de gases de efecto invernadoiro. A Lei establece un marco para facilitar a equidade na transición cara unha economía descarbonizada, ofrecendo ferramentas de aprendizaxe e transparencia obligatorias que axuden a percibir e avaliar riscos e oportunidades e mellorar as decisións de inversión.
9. Educación, Investigación e Innovación na loita contra o cambio climático e a transición enerxética
Promóvese a inclusión da educación ambiental nos currículos. En materia de I+D+i estabécese que o Goberno promoverá unha financiación axeitada das prioridades en materia de investigación, desenvolvemento e innovación de cambio climático e transición enerxética que se inclúan nas sucesivas Estratexias Españolas de Ciencia e Tecnoloxía de Innovación
10. Gobernanza e participación pública
Destaca a creación dun Comité de Expertos de cambio climático e transición enerxética, de carácter independente, responsable de avaliar e facer recomendación sobre as políticas e medidas de enerxía e cambio climático, incluidas as normativas. Elaborará anualmente un informe que será remitido ao Congreso dos Diputados e sometido a debate no mesmo, coa participación do Goberno. Garantizarase a participación dos axentes sociais e económicos interesados e do público, en xeral.