13 Xan Vigo, o quinto porto de exportacións en España
O porto vigués posicionouse entre os primeiros de España, en mercadoría en xeral cun volume de 444.089 toneladas. E sitúase así na quinta posición de portos nacionais tras os de Valencia, Barcelona, Algeciras e Bilbao.
Os principais países que comercian co Porto de Vigo presentan notábeis incrementos, coma Francia (+10%), China (+80%), EE. UU (+101%), Bélxica (+54%), Turquía (+196%), Reino Unido (+49%), Arxentina (+76%) ou Brasil (+714%).
Entre as mercadorías transportadas destacan os metais, o granito e o cemento.
A Autoridade Portuaria de Vigo indica que o tráfico acumulado de mercadorías fortaleceuse no mes de novembro. Conseguindo un récord histórico de tráfico de mercadoría contenerizada. O conxunto do sistema portuario español acumula na súa totalidade unha perda de tráfico mensual dunha – 8,22% fronte ao +3.99% do crecemento do Porto de Vigo.