
04 Abr Valga pone en valor o seu pasado mineiro mediante un espazo de ocio futurista
O Concello de Valga aspira a transformar unha antiga mina de arxila nun espazo futurista de lecer que se convertería nun reclamo turístico para a zona e nunha acción ambiental de relevancia a nivel nacional.
Cun investimento de 14 millóns de euros, o proxecto consistiría en obter un enclave natural con zona de baño, circuítos deportivos, parques e un escenario flotante.
Restauraríase así a explotación mineira de Porto Piñeiro, e que na actualidade constitúe unha lagoa de máis de 5 hectáreas creada de maneira natural sobre o impermeabilizado chan formado por arxila compactada.
O proxecto conta ademais co apoio da Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
Para esta actuación teranse en conta aspectos ambientais e sociais, cun proceso de renaturalización similar ao levado a cabo na lagoa de Mina Mercedes. Así mesmo, os visitantes dispoñerán dun gran espazo de baño, praia artificial, piscina, parque infantil e zona recreativa con pista de BMX, skate e un complexo de fitness outdoor.