18 Set A Alianza Galega polo Clima celebra o seu primero foro técnico coa participación do presidente da COMG
O 18 de setembro tivo lugar o I Foro Técnico da Alianza Galega polo Clima, centrado nos casos de éxito das empresas ante os novos retos climáticos, coa participación do presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), Juan José López Muñoz.
O obxectivo deste foro técnico é impulsar a labor divulgativa, comunicativa e de acción conxunta da Alianza Galega polo Clima, buscando unificar esforzos, compartir coñecementos e experiencias, e realizar un seguimento das accións na loita contra o cambio climático das entidades comprometidas.
Na súa intervención, o presidente da COMG destacou a contribución da industria mineira galega ao Pacto polo Clima. Ademais, puxo en valor a importancia das materias primas para a transición enerxética e a descarbonización da sociedade.
A Alianza Galega polo Clima, na que a Cámara Mineira está involucrada, reúne a máis de 150 organizacións comprometidas co medio ambiente para xerar sinerxias no eido da acción climática en Galicia e sumar esforzos para conseguir unha Galicia neutra en emisións.