26 Set Tejas Verea presentará en Creafogar novos usos innovadores das tellas cerámicas galegas
Tejas Verea, empresa fabricante de tellas e solucións integrais para cubertas localizada en Mesía (A Coruña), membro da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), presentará en Creafogar, o innovador evento de interiorismo en clave galega celebrado en Santiago de Compostela, a súa intervención na vivenda e o sorprendente uso das súas tellas cerámicas no proxecto.
Lucía Verea, directora de Comunicación e Marketing, e Noelia Moscoso, responsable de Calidade e Medio Ambiente, presentarán a intervención no encontro ‘Tellas cerámicas de vangarda: do corazón da nosa terra á transformación da arquitectura sostible’. A presentación, que terá lugar o vindeiro venres 27 de setembro ás 18.00 horas, incluirá unha visita guiada gratuíta á vivenda de Creafogar.
Novos usos das tellas cerámicas
O proxecto de Tejas Verea en Creafogar mostrará un uso innovador dun produto tradicional como as tellas cerámicas galegas, cun enfoque máis decorativo que busca sorprender ao visitante. Máis aló do seu uso funcional en cubertas, as tellas achéganse ao consumidor final para mostrar o seu gran potencial en deseño e as súas múltiples posibilidades en canto a colometría, acabados e calidade.
As tellas empregadas na intervención pertencen á nova gama Eternal, coa que Verea superou os límites da calidade conseguida ata o momento. Lanzada en 2023, esta familia de produtos e accesorios caracterízase pola súa gran calidade, cunha perfecta definición xeométrica que facilita a súa instalación e estanquidade.
Un espacio único de interiorismo e rehabilitación galegos
Creafogar é un evento de interiorismo no que unha vivenda cunha longa historia de vida na zona histórica de Santiago permanecerá aberta durante 20 días, para mostrar, ademais da propia vivenda, mobiliario e produtos do fogar feitos en Galicia. Trátase dun proxecto de rehabilitación e interiorismo no que se somete á vivenda a unha renovación de imaxe e no que participan máis de 150 marcas galegas.
As súas promotoras son Almudena Rodríguez (DenaDinteriores) e Beatriz Barril (Spacio-B), dous interioristas con máis de 20 anos de experiencia e acreditadas polo selo Artesanía de Galicia.