primigea

PRIMIGEA, a Confederación Española de las Industrias de las Materias Primas Minerales, dá os seus primeiros pasos

A Confederación Española de Industrias Extractivas de Rocas y Minerales Industriales (COMINROC) e a Confederación Nacional de Empresarios de la Minería y de la Metalurgia (Confedem) crearon PRIMIGEA, unha confederación que servirá para representar a todas as industrias que conforman o sector das materias primas minerais: arxilas, áridos, areas silíceas, cales, cementos, magnesitas, metalurxia, mineralurxia, minerais enerxéticos, minerais industriais, minerais metálicos, lousa, rocha ornamental e xesos.

A constitución a sociedade levouse a cabo o pasado 1 de outubro, onde Javier Targhetta Roza, conselleiro delegado de Atlantic Cooper, foi elixido presidente. Este exercerá o seu cargo acompañado de Rafael González Gil, director de Desenvolvemento Mineiro de TOLSA, en calidade de vicepresidente; de Vicente Gutiérrez Peinador, presidente de Confedem, como secretario xeral; e de César Luaces Frades, secretario xeral técnico de COMINROC, como director xeral.

PRIMIGEA nace para defender os intereses e promocionar as actividades dos seus membros, que abarcan a extracción, produción, tratamento e elaboración dos recursos explotados, así como a reciclaxe e a reutilización dos seus residuos; a rehabilitación de explotacións; e o desenvolvemento tecnolóxico da industria.

Esta confederación serve ademais para achegar os sectores industrial, enerxético, da construción e obras públicas ás materias primas minerais necesarias para o seu desenvolvemento. Para asegurar o abastecemento destes materiais, PRIMIGEA levará a cabo proxectos de exploración, de explotación, de economía circular e de contribución ao libre comercio internacional para poder asegurar o acceso a aquelas materias primas que non se poidan obter en España.