Miño Sil

Preséntanse 57 alegacións ao Plan Hidrolóxico da Confederación Miño-Sil

O período de consulta pública do Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil finalizou o pasado 22 de decembro. En total, recibíronse 57 propostas, das cales oito parten do sector da minería.

Estas alegacións e suxerencias serán analizadas para a súa incorporación ao texto final. Algúns dos comentarios e alegacións realizadas desde a COMG, previo acordo do comité de normas, van na seguinte liña:

  • Débese ter en conta que a Unión Europea está a dar un forte impulso ao acceso ás materias primas minerais e ao fomento da súa industria que, á súa vez, está a ser aproveitado activamente pola maioría dos países europeos, especialmente os que impulsan políticas avanzadas de sustentabilidade.
  • A industria extractiva ten un gran peso na industria galega. Trátase dun sector estratéxico primario, xa que abastece ao resto dos sectores económicos das materias priman que necesitan. Así mesmo, a minería é un impulsor de emprego en zonas rurais e contribúe ao desenvolvemento local e rexional.
  • Denúnciase a consideración da actividade mineira por parte os redactores do documento analizado, claramente realizouse desde unha visión negativa e contraria á actividade mineira.
  • O Dominio Público Hidráulico e o Dominio Público Mineiro gozan de idéntica natureza xurídica, polo que os dereitos confrontados deben estudarse “caso a caso” non sendo posible a prohibición a nivel xenérica. Tal como indica o artigo 122 da Lei de Minas “Calquera prohibición contida nos instrumentos de ordenación sobre actividades incluídas na Lei de Minas deberá ser motivada e non poderá ser de carácter xenérico”.
  • É necesario establecer o sector extractivo na orde de prioridade de usos e aproveitamentos, similar aos usos agropecuarios, é dicir, o sector primario.
  • Solicítase a supresión dotación anual máxima xenérica para as actividades extractivas. No documento non se inclúen todas, e ademais deben establecerse en función da produción e do recurso explotado.
  • Debe habilitarse, coas debidas garantías, a posibilidade de que se desvíen leitos, sen que iso supoña alteración dos obxectivos ambientais para esa masa de auga, que non exceda da simple alteración morfolóxica.
  • Débese ter en consideración, que a actividade mineira ha xerado novas zonas Rede Natura.
  • No documento non se ten en conta, que, en zonas xeolóxicamente mineralizadas de forma natural, os niveis de fondo poñen de manifesto que existen compostos e elementos con valores de concentración por encima dos límites prescritos, cuxo orixe é natural.