‘Pizarra. Extracción e produción’, o libro presentado polo Cluster da Pizarra

O Cluster da Pizarra de Galicia presentou recentemente o libro ‘Pizarra. Extracción e produción’.

Despois do éxito do traballo “La pizarra, Galician & Spanish Slate”” en 2010, O Clúster da pizarra quixo desenvolver un novo traballo que explicase claramente cales son as múltiples variantes do uso da lousa.

O arquitecto e autor da obra Carlos Quintás xunto co fotógrafo Juan Rodríguez, desgrana o obxectivo deste traballo: amosar a capacidade plástica desta pedra ornamental, así como ofrecer unha visión xeral das canteiras ou fragmentos dalgunhas das súas partes “. Para conseguilo, o seu compañeiro Juan Rodríguez plasmou mediante fotografías a beleza que este tipo de pedra desprende.

O libro está baseado nunha análise dos procesos de extracción e a súa historia, para explicar o progreso que sufriron os procesos de extracción ao longo da historia.

Os dous autores do libro quixeron resaltar que durante o traballo de estudo analizaron os primeiros procesos de elaboración a partir dun enfoque eminentemente plástico complementado por un texto que analiza os procesos de extracción e a súa historia, incidindo nos axustes e avances nos sistemas de extracción.

O acto de presentación estivo marcado pola intervención do presidente do Cluster da Pizarra de Galicia, Víctor Cobo, que afirmou que este será un libro de referencia para profesionais e afeccionados á arquitectura, deseño, enxeñería e construción.

Ademais o xefe territorial do Ministerio de Economía, Emprego e Industria de Ourense, Santiago Álvarez e a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María del Carmen González, destacaron a calidade da lousa pertencente a Galicia e o labor das empresas de lousa respeto a un crecemento sostible.