termatalia-ourense-2019

Ourense convertirase en setembro na capital internacional do termalismo

Sharing is caring!

Os próximos días 18, 19, 20 e 21 de setembro, Ourense acollerá Termatalia (19ª Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar) e o Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida.

Termatalia é un salón dedicado ao turismo termal, o termalismo, a talosoterapia e o spa. Unha feira onde os traballadores do sector danse cita para ensinar os seus produtos e servizos e fomentar a cultura da auga; e que serve de instrumento de cooperación público-privada para o desenvolvemento do turismo de saúde e benestar.

Trátase da quinta edición do congreso internacional e da segunda levada a cabo en Galicia.

Despois do éxito obtido tras a edición de 2018 celebrada en Brasil,  Termatalia reforzará o seu carácter de ponte termal entre Europa, Asia e América converténdose nun centro de negocios e coñecemento que reunirá a profesionais de máis de 30 países.

Dentro da feira haberá espazo para dúas xornadas técnicas no III Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida, que terá lugar os días 18 e 19 de setembro co obxectivo de tratar o interese científico das augas mineromedicinales e termais. Esta terceira edición, organizada pola Universidade de Vigo, virará ao redor de 4 áreas temáticas:

Augas mineromedicinais e termais: caracterización e aproveitamento

  • Caracterización físico-química das augas termais e mineromedicinais. Hidroxeoloxía.
  • Análise e control de calidade de augas.
  • Aproveitamentos tradicionais e novas orientacións de uso (enerxía, cosmética, etc.).
  • Marco xurídico e administrativo da auga termal.

Benestar e Saúde 

  • Resultados terapéuticos das augas mineromedicinais.
  • Miscelánea.

Turismo Termal

  • Termalismo sénior.
  • Termalismo transfronteirizo.
  • Planificación e promoción.
  • Xestión e administración de centros termais.
  • Iniciativas en termalismo para combater o despoboamento e valorizar as zonas rurais.

Investigación e Innovación Tecnolóxica en Termalismo

  • Aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
  • Innovacións en instalacións, cosmética, deporte e outros ámbitos relacionados co termalismo.
  • Novos materiais, mecanismos de control e automatismo.
  • Recursos enerxéticos.
  • Miscelánea.

Para saber máis sobre Termatalia 2019: https://www.termatalia.com/index.php

Para saber máis sobre o III Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida: https://www.uvigo.gal/eventos/es/simposio-termalismo/simposio/