
11 Feb O presidente do Comité de Comunicación da COMG está presente no acto de recoñecemento aos centros CIGUS
O martes 11 de febreiro, celebrouse en Santiago de Compostela o acto de entrega de recoñecementos aos dez centros das tres universidades galegas pertencentes á Rede CIGUS, que agrupa aos centros de investigación de excelencia en Galicia.
No acto participou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen destacou a importancia da Rede CIGUS como referente da excelencia científica na comunidade e agradeceu a súa contribución para construír unha Galicia referente en I+D+i. En representación da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), ao evento acudiu o presidente do Comité de Comunicación, Celso Penche.
A Rede CIGUS conta con 1.600 investigadores e logrou captar máis de 180 millóns de euros en proxectos competitivos no últimos catro anos. Os centros de investigación que forman parte da Rede son cinco pola Universidade de Santiago de Compostela (CiQUS, IGFAE, CiMUS, CiTIUS e CRETUS), tres pola Universidade de Vigo (AtlanTTic, CINBIO e CIM) e dous pola Universidade da Coruña (CITIC e CICA).