courel-montañas-camara-minera

Montañas do Courel, declarado primeiro Xeoparque Mundial da UNESCO do noroeste español

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) vén de outorgarlle o recoñecemento de Xeoparque Mundial a Montañas do Courel, polo que o conxunto xeolóxico do sur de Lugo pasa a formar parte desta prestixiosa rede internacional que conta ata o momento con 140 xeoparques repartidos en 38 países.

Esta decisión, que foi tomada onte pola executiva da Unesco durante a súa 206 reunión celebrada en París, é froito de 5 anos de implicación por parte do GDR Ribeira Sacra Courel e dos tres concellos lucenses que integran o parque: Quiroga, Folgoso e Ribas de Sil.

Durante el proceso, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e o Colexio de Xeólogos en Galicia apoiaron de maneira intensa o proxecto, coa participación no comité científico da candidatura.

Este recoñecemento porá en valor esta zona do sur de Lugo, onde se sitúa a orixe de Galicia hai 350 millóns de anos, mentres que o resto de España aínda se atopaba baixo o océano.

En total son 97 os puntos de interese sinalados no mapa de Montañas do Courel, con excepcionais recursos xeolóxicos e mineiros que reflicten unha historia labrada por fenómenos tectónicos, outros procesos naturais e pola actividade do ser humano.

www.courelmountains.es