
19 Mai Miguel Ángel Fortúnez Garea, novo director da COMG
Miguel Ángel Fortúnez Garea incorpórase como novo director da Cámara Oficial Mineira de Galicia. O seu nomeamento, levado a cabo por Juan de Dios Martín Aparicio, foi ratificado na Xunta Directiva da COMG celebrada o 14 de maio.
Miguel Fortúnez releva desta maneira a Diego López González, que ocupou este cargo durante os últimos 11 anos.
Enxeñeiro de Minas pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas de Vigo, Miguel Ángel Fortúnez obtivo o mellor expediente da súa promoción e completou a súa formación cos títulos de Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, Máster en Auditorías dos Sistemas de Xestión da Prevención de Riscos Laborais e cun MBA en Dirección e Administración de Empresas.
A súa traxectoria profesional destaca por unha experiencia de 18 anos en postos de responsabilidade na empresa privada.