acto-laxe

Laxe acolle unha colección única de libros de xeoloxía

Os representantes da Fundación Torre Pujales, dirixida por Cristina Torre Cervigón, e o presidente de Xeoparque Costa da Morte, José Manuel Pato González acordaron este verán acoller unha colección única de libros sobre xeoloxía e depositalo na biblioteca municipal de Laxe grazas a un acordo co Concello.

Este evento tivo lugar no Museo de Arte Contemporánea de Corme, durante a presentación do libro ‘¿Para que sirve la Geología?’, do presidente do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos, Manuel Regueiro González-Barros, e a dramaturga Macarena Regueiro. Onde ademais participaron entre outras personalidades, o xeólogo e profesor da UDC, Juan Ramón Vidal Romaní; o director da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Diego López.

Esta valiosa colección encontrábase ubicada na Coruña e, aínda que a idea inicial era trasladala á Universidade da Coruña, despois de que José Manuel Pato mostrase aos dirixentes da fundación a idea de que podería recalar en a Laxe; estos tomaron a decisión de dar o sí. “A verdade é que estamos moi orgullosos e felices de ter conseguido que este importante traballo sobre xeoloxía poida exhibirse finalmente en Laxe, na terra onde traballou o gran Isidro Parga Pondal”, argumentou Pato.

Esta colección está composta por mil libros, na súa maioría obras pertencentes ao xeólogo Uxío Torre Enciso. Como mostra deste traballo, a colección denominarase Uxío Torre Enciso, en memoria do xeólogo académico tanto en Ciencias como en Lingua. A colección contén un valor engadido xa que posee apuntes e notas dos científicos que a fan aínda máis interesante.

Acto de inauguración

O 3 de xaneiro na biblioteca municipal de Laxe tivo lugar a presentación da colección, onde algunhas personalidades estiveron presentes como a presidenta da Fundación Torre-Pujales, Cristina Torre Cervigón, ademais da actual responsable do Xeoparque, Sandra Insua , alcalde de Camariñas, definindo ese día como “un día especial”.

Insua estivo acompañada en todo momento pola rexedora de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e tamén por José Luis Pérez Añón, anfitrión laxense, que valorou e eloxiou a importancia da doazón e do acto en si. O xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní destacou o valor da colección, ademais de continuar a súa intervención falando sobre a xeoloxía da zona “Parga Pondal está aquí, e sempre estará”, dixo. Tampouco quixo esquecer o traballo realizado por Torre Enciso. Vidal Romaní non quixo esquecer a ninguén e proporcionou información histórica sobre Parga Pondal, relacionada co seu traballo e a relación que mantivo con Laxe. Finalmente, quixo dar a idea de crear unha universidade de verán na vila.

Tampouco quixeron perder o acto, o presidente do Ilustre Colexio  Oficial de Xeólogos, Manuel Regueiro, e o arqueólogo submarino Miguel San Claudio. Como mostra de agradecemento, o secretario xeral do Xeoparque, José Manuel Pato, entregou ao xefe da Fundación un cadro de José Manuel Fonfría Arnaiz.