Minas a silvarosa

A COMG organiza unha excursión gratuita no entorno das Minas da Silvarosa enmarcada no evento de divulgación xeolóxica Geolodía

A fin de semana do 11 e 12 de maio volve o Geolodía, o gran evento anual de divulgación xeolóxica, coordinado pola Sociedade Xeolóxica de España (SGE) coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e varias decenas de institucións e empresas. A cita ofrece percorridos xeolóxicos gratuítos e abertos a todos os públicos en cada unha das 50 provincias españolas, ademais de diversas actividades virtuais: vídeo-roteiros xeolóxicos, Geocharlas e ata un videoxogo.

Neste contexto do Geolodía, na provincia de Lugo, a Cámara Oficial Mineira de Galicia, co apoio do Concello de Viveiro e da Comunidade de Montes de Viveiro, organiza unha visita guiada ás antigas instalacións das Minas da Silvarosa. A excursión, que se celebrará baixo o nome “Do ferro Ordovícico ás Minas da Silvarosa: o patrimonio xeomineiro de Viveiro”, será gratuíta con prazas limitadas. Será necesaria a inscrición previa nesta ligazón ou a través do teléfono 635 559 698 (en horario de oficina).

 

Poster geolodia 24_lugo viveiro_page 0001

Debido ao éxito no número de inscricións en edicións anteriores, organizáronse dúas quendas de actividade, unha ás 10:00h e outra ás 16:00h, cunha duración estimada de 4 horas cada unha, onde se explicará e poñerá en valor a orixe do mineral e a historia destas minas de ferro.

Ademais, no marco desta actividade, a mañá do 21 de maio, a Cámara Oficial Mineira de Galicia organiza “O meu primeiro Geolodía: as minas da Silvarosa, unha viaxe ao pasado”, unha visita interpretada ás instalacións e realización de talleres prácticos con estudantes de 6º de Educación Primaria dos catro colexios de Viveiro, previo acordo co Concello de Viveiro e co apoio da Comunidade de Montes.

Poster 2 mi primer geolodia 24 lugo viveiro_page 0001

Para solicitar máis información, os interesados poden escribir a oficina.tecnica@camaraminera.org e a comunicacion@sociedadgeologica.org.