Despois da mina

O proceso mineiro non finaliza ata que se leva a cabo a restauración dos terreos onde levou a cabo a actividade extractiva: o que antes era un xacemento agora pode ser un centro educativo ou un parque natural. O obxectivo desta última fase é devolver aos terreos o uso previo á súa explotación -rehabilitación mineira- ou ben, adaptalos para un uso sostible e beneficioso para a súa contorna natural e social -reutilización mineira-.
GARANTÍA DE RESTAURACIÓN
España foi o primeiro país do mundo en esixir que as superficies afectadas sexan obxecto de avaliación de impacto ambiental e en garantir economicamente a restauración dos devanditos espazos. Real Decreto 2994/1982
O COMPROMISO DA MINERÍA CA RESTAURACIÓN
A minería constitúe unha actividade con riscos potenciais para os seus profesionais, tanto polo tipo de traballo como polos métodos utilizados. A pesar diso, a lexislación española sobre seguridade laboral en minas é garantista e por iso, os índices de accidentes laborais en minas e canteiras de Galicia están moi por debaixo das doutras actividades comparables.
Esta realidade esixe de todas as partes implicadas, administracións públicas, empresas e persoal, a maior atención e esforzo para que a actividade se desenvólva coas máximas garantías de prevención. A seguridade laboral foi e é unha preocupación constante nas explotacións mineiras, como demostra a promulgación en 1984 do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira e as súas correspondentes Instrucións Técnicas Complementarias, adiantándose once anos á Lei de Prevención de Riscos Laborais (1995).
A REUTILIZACIÓN DE ESPAZOS MINEIROS EN GALICIA
A reutilización dos emprazamentos desmantelados ten un dobre beneficio, por unha banda para medio ambiente e por outra, para as economías locais, fomentando a integración de novas actividades económicas en áreas habitualmente afectadas polo desemprego e polo despoboamento rural. As empresas mineiras e a Administración, na súa crecente tendencia cara á sustentabilidade e o desenvolvemento, apostan por usos creativos que se integran coa contorna e a comunidade:
A rexión galega caracterízase pola calidade das súas rehabilitacións e reutilizacións mineiras, con algúns exemplos que a día de hoxe son referentes a nivel mundial e que forman parte da riqueza da paisaxe galega.