Formación

A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) ten un firme compromiso por mellorar a cualificación dos profesionais do sector, tanto mediante formación regrada como mediante accións formativas puntuais.
A minería é un sector dinámico, que depende de forma directa das novas necesidades da sociedade. O desenvolvemento de novas tecnoloxías, as novas esixencias en materia de seguridade e as modificacións constantes nas normativas ambientais demandan unha actualización constante de coñecementos por parte de todos os traballadores implicados no proceso mineiro.
DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS:
A COMG desenvolve e apoia accións formativas como cursos e seminarios dirixidos aos traballadores do sector mineiro centrados en temáticas como a seguridade, a prevención de riscos laborais ou o medioambiente. Estes recursos formativos teñen como obxecto potenciar a competitividade das empresas a mineiras galegas, avogando sempre pola seguridade, a calidade e a sustentabilidade.
Así mesmo, a COMG mantén unha estreita relación coa Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.