Metais

cen anos de minería unidos polo futura de Galicia

Os metais ocuparon un lugar destacado na sociedade e economía galega desde a Prehistoria ata finais do século pasado. Explotáronse minas de cobre, ferro, estaño, wolframio, chumbo-zinc, ouro e prata que contribuíron en gran medida ao desenvolvemento industrial da comunidade.

METAIS EN GALICIA

  • CUARZO: O cobre é o metal da transición enerxética, usado nas enerxías verdes e construcións ecolóxicas. Por exemplo, un coche eléctrico contén 20 quilogramos deste material. A produción de cobre na comarca de Touro-O Pino foi unha constante durante o século XX e actualmente, co aumento exponencial da demanda deste metal, existe un proxecto para a reapertura e a ampliación da mina. É usado en múltiples ámbitos, tanto para fabricar equipos médicos como fertilizantes, e tamén está presente no teu teléfono e computador, polo que é un mineral do pasado, pero tamén do futuro.

  • COLTÁN: O coltán é un mineral esencial para a fabricación de compoñentes electrónicos, de feito, o seu uso permite reducir o volume e peso dos smartphones. En Galicia está localizada a única mina de coltán do sur de Europa. Trátase da explotación Penouta, en Viana do Bolo (Ourense). O coltán galego é un “produto libre de conflito” e que ademais promove a economía circular, xa que o metal extráese de balsas de inertes e do vertedoiro dunha anterior actividade mineira.
  • OURO: A día de hoxe non hai ningunha mina de ouro activa, a súa extracción ten unha gran tradición no territorio galego. Este material precioso foi utilizado desde a Prehistoria, ocupando un lugar moi destacado na Gallaecia romana. Actualmente, en Salvaterra de Miño (Pontevedra), a empresa Áridos do Mendo dedica parte dos seus recursos á explotación do ouro procedente do xacemento fluvial de onde extrae gravas e areas.

  • ESTAÑO: O estaño foi un dos primeiros metais empregados en Galicia na Prehistoria. A explotación reactivouse coa reapertura da mina de San Finx e a extracción de cantidades significativas na mina de coltán de Viana do Bolo (Ourense). Este metal ten múltiples usos, pero fundamentalmente emprégase para a produción de latas de conserva, instrumentos musicais, vidro, pasta de dentes, semiconductores, en categorías de pinturas de especial resistencia, así como na industria aeroespacial.

  • WOLFRAMIO: A capacidade deste metal para endurecer o aceiro fíxoo imprescindible para a industria militar, polo que a súa demanda disparouse durante as primeiras décadas do século XX, especialmente durante as dúas Guerras Mundiais. A súa demanda reactivouse no século XXI, polo que unha iniciativa empresarial obtivo licenza para extraelo da mina de San Finx -A Coruña-. Con todo a falta de permisos ambientais deixou á mina sen produción desde 2017. Hoxe en día usámolo para fabricar ferramentas de corte, brocas de uso doméstico, útiles de dentistas, puntas de bolígrafo ou aletas de avión.

Na actualidade, os metais do chan galego volveron a ter un valor óptimo no mercado. Esta transformación no sector produciuse grazas ao desenvolvemento tecnolóxico e a gran demanda de materias primas. Os metais son a base de:

Dispositivos tecnolóxicos | Equipos médicos | Placas solares | Aeroxeradores | Coches eléctricos

Estes son só algúns poucos exemplos, pero os metais están presentes en calquera ámbito industrial e a demanda mundial deste tipo de minerais ante o desenvolvemento da enerxía limpa e a mobilidade sostible está a alcanzar niveis históricos.

Na actualidade solo se explota coltán e ouro en Galicia, pero desde o sector están a tentarse abrir novos proxectos.