
THE FORTH BRIDGE CON MARK WATSON DE HISTORIC ENVIRONMENT SCOTLAND
8 de Febreiro 19:00 » Hora Inicio-Fin: 19:00 / 20:00
Seminario web sobre o Forth Bridge, unha ponte ferroviaria que atravesa o fiordo de Forth (Escocia), organizado por World Heritage UK e impartido por Mark Watson, da organización Historic Environment Scotland.
Este webinar é o segundo dunha serie de sete que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xullo de 2024. O obxectivo das charlas é promover e defender os lugares máis destacados do Patrimonio Mundial do Reino Unido, recoñecidos pola UNESCO.
O prezo é de £ 5 por cada seminario web ou £ 25 no caso de asistir aos sete. A venda de entradas pecha ás 15:00 do día anterior á charla. Ese mesmo día, como tarde, os asistentes recibirán a ligazón de Zoom para conectarse ao evento.
A charla gravarase e publicarase posteriormente na canle privada de Youtube de World Heritage UK. Todas as persoas inscritas ao webinar recibirán unha ligazón á gravación.