Este evento pasou.
Asemblea Ordinaria COMG
18 de Abril 10:00 » Hora Inicio-Fin: 10:00 / 14:00
A Asemblea Ordinaria da COMG celebrarase o xoves 18 de abril en Santiago de Compostela, no auditorio do Feuga (Rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15705, Santiago de Compostela).
Terá lugar ás 10:00 h en primeira convocatoria e ás 10:30 h en segunda convocatoria. Contaremos coa presenza de representantes da Consellería de Economía, Industria e Innovación.
A Orde do Día en virtude do artigo 17 do Regulamento de Réxime Interior (RRI), será a seguinte:
1º. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Ordinaria do ano 2023.
2º. Informe e propostas do Presidente. Memoria 2023.
3º. Lectura, discusión e votación da conta xeral de ingresos e gastos do ano 2023.
4º. Aprobación, se procede, da xestión da Xunta Directiva.
5º. Aprobación, se procede, do orzamento de ingresos e gastos para o ano 2024.
6º. Actualización do censo de socios electores e elixibles.
7º. Aprobación das cotas ordinarias e extraordinarias necesarias para o sostemento dos gastos xerais.
8º. Rogos e preguntas.

Ás 12:00 h terá lugar un descanso para tomar un café, e ás 12:30 h terá lugar a xornada técnica ‘Últimas novidades normativas en materia de minas. Participación do Ministerio’, da man de Ismael Guarner Peralta, subdirector adxunto de Minas da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Debido ao limitado número de prazas, é obrigatorio confirmar asistencia previamente enviando mail a cmg@camaraminera.org. O prazo para inscribirse remata o luns 15 de abril.
Podes consultar o programa da Asemblea na seguinte ligazón.