Recursos xeolóxicos

Os materiais presentes na geosfera e os procesos que nela suceden – vulcanismo, metamorfismo… – dan lugar a unha gran cantidade de recursos, entre eles os minerais, que son explotados para favorecer o benestar e desenvolvemento da sociedade.
Galicia é unha zona rica en rochas e minerais útiles tanto para a construción como para diversas industrias, e a súa presenza responde a procesos asociados á tectónica de placas, con xacementos xurdidos de maneira interna (asociados ao magmatismo e ao metamorfismo) e con xacementos cunha orixe externa (ligados á meteorización e a sedimentación).
A XEOLOXÍA EN GALICIA
Este gran abanico de rochas constitúe o obxecto principal da actividade mineira da rexión galega, constituíndo recursos geolóxicos moi valorados a nivel local, nacional e internacional. Unha gran porcentaxe aprovéitase para o sector da construción, ben sexa como pedra natural ou como áridos. Mentres que outros minerais serven a outras industrias, como a siderúrxica, a química ou a alimenticia.
As reservas das diferentes rochas e minerais explotados son abundantes en relación co ritmo de produción actual, o que asegura o abastecemento a longo prazo.