Socios e membros

A PARTICIPACIÓN DOS SOCIOS ESTÁ RECOLLIDA NO ARTIGO 17 DO SEU REGULAMENTO DE RÉXIMEN INTERIOR
QUEN PODE SER SOCIO:

Serán socios da Cámara Oficial de Mineira de Galicia as persoas físicas ou xurídicas, nacionais ou estranxeiras, que realicen actividades mineiras, incluída a restauración do espazo afectado e o tratamento de residuos mineiros, dentro do ámbito territorial de Galicia, procedéndose á adscrición de oficio das mesmas.

Entenderase que unha persoa física ou xurídica realiza unha actividade mineira cando por esta razón quede suxeita á lexislación mineira. Tamén poderán adquirir voluntariamente a condición de socios as persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades relacionadas coa minería, non suxeitas á lexislación mineira nin ao ámbito de actuación da autoridade mineira, incluídas as asociacións legalmente constituídas, os centros educativos e os colexios profesionais.
OS SOCIOS CLASIFICARANSE DE OFICIO NOS SEGUINTES GRUPOS, EN BASE ÁS ACTIVIDADES MINEIRAS:
INVESTIGACIÓN MINEIRA
Formado polos titulares e solicitantes de dereitos de investigación ou exploración, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo.
APROVEITAMENTO DE MINERAIS INDUSTRIAIS
Formado polos titulares e solicitantes de dereitos de investigación ou exploración, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo.
APROVEITAMENTO DE MINERAIS ENERXÉTICOS
Formado polos titulares e solicitantes de dereitos de investigación ou exploración, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo.
APROVEITAMENTO DE MINERAIS METÁLICOS
Formado por titulares, solicitantes e explotadores de dereitos de explotación ou aproveitamento de recursos metálicos, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo.
ACTIVIDADES AFÍNS
Formado por aquelas persoas naturais ou xurídicas, non incluídas nos grupos anteriores, que desenvolvan actividades reguladas pola lexislación mineira, requiran da autorización ou supervisión da Administración competente en materia de minas no desenvolvemento da súa actividade ou desenvolvan servizos ao sector, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo.
APROVEITAMENTO DE ROCHAS ORNAMENTAIS
Formados por titulares, solicitantes e explotadores de dereitos de explotación ou aproveitamento de rochas ornamentais, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo.
APROVEITAMENTO DE PRODUTOS DE CANTEIRA
Formados por titulares, solicitantes e explotadores de dereitos de explotación ou aproveitamento de produtos de canteira, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo.
APROVEITAMENTO DE AUGAS MINERAIS
Formado por titulares, solicitantes e explotadores de dereitos de explotación ou aproveitamento de augas sometidas á lexislación mineira, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo.
SE DESEXAS DARTE DE ALTA COMO SOCIO, PODES DESCARGARTE AQUÍ O NOSO FORMULARIO DE INSCRICIÓN::