Novas


13 Novembro 2024
O 13 de novembro, a titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reuniuse con representantes da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia, a Asociación Clúster do Naval Galego e o Clúster de Enerxías Renovables de [...]
31 Outubro 2024
O xoves 31 de outubro tivo lugar a presentación de Stonegal, o evento dedicado á pedra natural en España, que se celebrará do 3 ao 5 de xuño de 2025 no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). Ao acto acudiu como convidada a directora da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), [...]
29 Outubro 2024
O martes 29 de outubro celebrouse a IX Xornada de Responsabilidade Social Empresarial no Sector dos Áridos, organizada por Arigal (Asociación Galega de Áridos). O encontro, ao que asistiu a directora da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), Arantxa Prado, estivo centrado nas ‘Novidades técnicas e xurídicas na prevención fronte [...]
24 Outubro 2024
O xoves 24 de outubro, coincidindo co Día Internacional contra o Cambio Climático, tivo lugar a II Conferencia das partes da Alianza Galega polo Clima, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. O obxectivo do encontro, no que tamén se celebrou o plenario da Alianza, era reflexionar sobre a [...]
22 Outubro 2024
O martes 22 de outubro, o Parlamento de Galicia aprobou o Ditame, emitido pola Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, sobre o Proxecto de lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, abreviado como Lei de Recursos Naturais. A presidenta [...]
16 Outubro 2024
A directora da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), Arantxa Prado, estivo presente no Mining and Minerals Hall 2024 (MMH), celebrado entre o 15 e o 17 de outubro en Sevilla, para recoller o primeiro premio na categoría de ‘Entidade privada destacada pola súa innovación e comunicación en materia de [...]
10 Outubro 2024
Cecilia Trancón é enxeñeira de minas e directora xeral de Caolines de Vimianzo (CAVISA) desde xullo de 2022.Entre os principais retos da nova presidenta está solicitar o impulso dos concursos mineiros na comunidade e a mellora das prestacións do Catastro Mineiro de Galicia. A Coruña, 10 de outubro de 2024. [...]
7 Outubro 2024
O venres 4 de outubro celebrouse a V Edición do Seminario SPERTUS, organizado pola Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Universidade de Vigo (UVigo) e o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA). O evento, dividido en seis sesións de debate [...]
3 Outubro 2024
A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), a través da plataforma Minería Sostible de Galicia, e grazas á colaboración de varios dos seus membros, editou e distribuíu, desde maio ata a actualidade, a ‘Axenda Escolar Mineira 2024-2025'.O obxectivo da iniciativa é divulgar a importancia dos recursos minerais na vida cotiá, [...]
26 Setembro 2024
Tejas Verea, empresa fabricante de tellas e solucións integrais para cubertas localizada en Mesía (A Coruña), membro da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), presentará en Creafogar, o innovador evento de interiorismo en clave galega celebrado en Santiago de Compostela, a súa intervención na vivenda e o sorprendente uso das [...]
24 Setembro 2024
O 24 de setembro, a Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) celebrou con éxito o seminario online centrado no Programa de Financiamento Europeo Empleaverde+ da Fundación Biodiversidade e o proxecto MIN_CIRC para o desenvolvemento mineiro circular. Neste webinar participaron dous expertos no programa Empleaverde+, Alejo Calatayud e Luis Touriño, que [...]
20 Setembro 2024
O xoves 19 de setembro, o equipo técnico de Mina Doade presentou o seu proxecto, que aborda a construción dunha mina subterránea e unha planta de tratamento de minerais en Doade-Beariz (Ourense), ante os membros da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG). A rocha obxectivo deste proxecto [...]