Novas

22 Xullo 2019
En 2014 Prebetong cesou a actividade dunha das súas canteiras en Cartelle (Ourense), unha explotación granítica que abasteceu á industria con áridos triturados para prefabricados, cemento e obra pública. Desde a empresa esperan retomar a actividade mineira no futuro e para iso continúan renovando a concesión co pago das correspondentes [...]
19 Xullo 2019
O Clúster do Granito foi beneficiario dunha subvención da Xunta de Galicia a través do programa do IGAPE Galicia Exporta Organismos Intermedios. Esta liña de axudas está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e ten por obxectivo apoiar os plans de internacionalización de agrupacións empresariais, consellos reguladores de [...]
17 Xullo 2019
Co fin de facer partícipe da realidade do sector extractivo e enerxético ao conxunto da sociedade, a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo convoca varios concursos para o futuro curso 2019-2020: ENFOCA. RME 2019 Trátase da terceira edición do concurso de fotografía que xira ao [...]
15 Xullo 2019
Ante a chegada de visitantes á explotación mineira de Monte Neme, situada entre Carballo e Malpica de Bergantiños (A Coruña), a Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) lembra que o acceso a este espazo pode supoñer un risco para a seguridade das persoas. Por iso, a propietaria privada do terreo, [...]
11 Xullo 2019
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá un millón de euros en axudas para favorecer a sustentabilidade no sector mineiro. O programa de axudas, publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) o 2 de xullo, está dirixido a financiar accións que promovan prácticas [...]
10 Xullo 2019
A Asociación Galega de Áridos (Arigal) vén de presentar o Catálogo de Áridos de Galicia na Autoridade Portuaria da Coruña. Trátase dun documento que recolle unha clasificación dos áridos de Galicia e información útil para atraer operadores de mercados exteriores, desenvolvido co apoio da Xunta de Galicia, grazas ao programa [...]
10 Xullo 2019
Santa Comba pretende dinamizar a súa oferta turística potenciando o legado da mina de Varilongo e visibilizando a súa historia. Por este motivo, o concello púxose en contacto coa Cámara Oficial Mineira de Galicia, entidade que xa está a colaborar con outros concellos galegos na posta en valor das súas [...]
8 Xullo 2019
A Cámara Oficial Mineira de Galicia busca a unha persoa organizada, con iniciativa e dotes de comunicación para cubrir unha vacante na Coruña para realizar tarefas administrativas. Trátase dun posto estable no que son necesarios coñecementos sobre documentación pública e onde desenvolver unha carreira na área administrativa. O seleccionado/a poderá [...]
4 Xullo 2019
O profesor emérito e catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola na Universidade de Santiago de Compostela (USC), Felipe Macías, saíu este mércores ao paso das críticas vertidas por parte de varias asociacións contra os proxectos mineiros de Touro e San Finx. Macías conta cunha traxectoria de 49 anos na docencia [...]
1 Xullo 2019
Durante o mes de xuño saíron á luz varias publicacións especializadas que dan a coñecer e poñen en valor o patrimonio mineiro e xeolóxico de Galicia ante o público xeral. O pasado 16 de xuño, La Voz de Galicia publicou “Rutas Geomineras de Galicia”, catro despregables (un por cada provincia [...]
28 Xuño 2019
O 27 de xuño tivo lugar no Porriño (Pontevedra) a xornada “A rehabilitación en canteiras de rocha ornamental” levada a cabo pola Fundación Centro Tecnolóxico do Granito ( FCTGG) en colaboración co Cluster do Granito. No encontro tratáronse temas como a importancia da restauración dentro do ciclo mineiro, o marco [...]
27 Xuño 2019
Minaría Sostible de Galicia organizou o 26 de xuño en Santiago de Compostela o encontro “Turismo e patrimonio xeolóxico e mineiro” no que profesionais de diversos ámbitos profundaron na alternativa turística que ofrece o patrimonio e a historia da minería e a xeoloxía galegas. A plataforma presentou aos concellos galegos [...]