A Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE) organiza o vindeiro martes 4 de novembro, a Xornada de posta en valor dos resultados acadados ao longo de 2025, con hora de comezo ás 12:00.

O evento celebrarase na sede de Fundación en Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19), en formato presencial, e reunirá representantes de la administración pública, responsables de proxectos estratéxicos da industria extractiva en Galicia e Portugal e entidades europeas adicadas á investigación e a innovación.

Ao longo da sesión abordarase a labor realizada pola Oficina no impulso de proxectos colaborativos e estratéxicos orientados a fortalecer unha minería máis competitiva, sustentable e aliñada coas políticas europeas de transición verde e dixital.

Contarase coa intervención do Centro Internacional de Materiales Avanzados y Materias Primas de Castilla y León (ICAMCyL), na que se abordará a iniciativa do Hub Mineiro da Rexión Noroeste da Península Ibérica, unha iniciativa que reforza a cooperación transfronteriza entre Galicia e o norte de Portugal no ámbito da investigación e extracción de materias primas críticas.

Por último, terá lugar unha mesa redonda con diferentes liñas a debate sobre o futuro e a sustentabilidade dos proyectos estratéxicos de minería en Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, coa participación Cobre San Rafael, Grupo SAMCA e Savannah Resources.

A xornada clausurarase coas intervencións de Diego Casal Ramos, Subdirector xeneral de Recursos Minerais de la Xunta de Galicia, e de Cecilia Trancón Loureiro, presidenta da Cámara Minera de Galicia.

Para asistir é preciso inscribirse na seguinte ligazón: https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=a7Q_l32UOkCPuRR69szlDfOKt11GCN1HkBOrhYwys25URVhLWEI4UFZBWlZNSERVM1ZITUdBNVoxRS4uligazón: 

 

A OIPE presenta en Santiago os resultados de 2025 e analiza o futuro dos proxectos estratéxicos da minería na Eurorrexión