A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) celebrará o encontro “A pegada galega na transformación dixital” o luns, 10 de novembro, con recepción de asistentes ás 12:30 horas, no Club Nordés Empresarial (A Coruña).
A xornada, de acceso libre e de balde con inscrición previa, reunirá referentes do ecosistema tecnolóxico para analizar o papel de Galicia na transformación dixital e os retos que afronta o territorio, e poñer de relevo as necesidades dos profesionais da IA dos minerais críticos.
Participarán:
- Ignasi Belda, director da AESIA
- Verónica Bolón, investigadora do CITIC e directora da Cátedra INDITEX-UDC sobre a Intelixencia Artificial en algoritmos verdes
- Cora Vinagre, Innovation Manager – FSAS International Quantum Center de Fujitsu
O coloquio estará moderado por Pablo Grandío, director do diario Quincemil.
Posteriormente, haberá un aperitivo ao rematar a mesa ás 14:15 horas, para o que é necesario confirmar asistencia na ligazón de inscrición.
Este encontro forma parte do ciclo “Encontros polo Centenario da COMG”, unha programación conmemorativa do Centenario da Cámara que impulsa espazos de diálogo sobre o pasado, presente e futuro de Galicia. O obxectivo é poñer en valor o talento e o liderado presentes na comunidade, especialmente en eidos vencellados aos recursos naturais, e conectar tradición e innovación, patrimonio e industria, cultura e investigación.

