28 Xul GAIN: convocatorias e premios abertos
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) ten actualmente dúas convocatorias de axudas abertas dentro das novas liñas, DeseñaPeme e Conecta Covid. Doutra banda, ten aberta tamén a inscrición para 1 premio, Premios Galicia de Innovación e Deseño 2021.
Axudas
DeseñaPeme 2021
O principal obxectivo desta axuda é a incorporación do deseño nas pemes e micropemes galegas como ferramenta de innovación e sustentabilidade.
Modalidades:
- Deseño de produto
- Deseño de servizos e experiencias
- Deseño de marca e identidade corporativa
Prazo de presentación: 2/08/2021
Orzamento total: 1.500.000 €
Intensidade da axuda: 50% dos custos de implementación incluídos dentro do “Proxecto de Deseño para a Innovación e Sustentabilidade”. Axudas entre 5.000 € e 100.000 €
Destinatarios: microempresas e pequenas e medianas empresa
Para máis información: preme aquí
ConectaCovid
A finalidade desta axuda é o financiamento de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en produto, que aborden a investigación relacionada coa Covid-19 para facer fronte á pandemia.
Modalidades:
- Liña 1: proxectos de investigación industria e desenvolvemento experimental
- Liña 2: proxectos de innovación en produto
Prazo máximo de presentación de solicitudes: 13/08/2021
Intensidade da axuda: entre 5.000 € e 100.000 €
Destinatarios: microempresas e pequenas e medianas empresas individuais
Para máis información: preme aquí
Premios
Premios Galicia de Innovación e Deseño 2021
Co fin de recoñecer o labor das as persoas e empresas que están a contribuír significativamente ao desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.
Categorías Sección Innovación:
- Traxectoria innovadora: 15.000 €. Empresarios e profesionais cunha traxectoria de polo menos dez anos
- Pequena e mediana empresa: 15.000 €. Pemes con demostrada actividade innovadora durante polo menos vos últimos cinco anos
- Grande empresa: premio honorífico. Grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década
Categoría Sección Deseño:
- Profesionais: 15.000 €. Profesionais do deseño cunha traxectoria de polo menos dez anos de recoñecido prestixio no sector
- Deseñadores/as mozos/as: 15.000 €. Creadores de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos
- Empresas: premio honorífico. Empresas consolidadas que incorporasen o deseño a súa estratexia empresarial, como mínimo, durante a última década
Prazo de presentación de solicitudes: 13/10/2021
Para máis información: pica aquí