Entra en vigor a Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética

Desde o pasado 22 de maio España conta coa Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética. Unha norma que pretende cumprir cos compromisos internacionais adoptados en 2015 coa sinatura do Acordo de París.

A nova lei contempla obxectivos de redución de emisións de aquí a 2030, –aínda que estes serán revisados en 2023– prevendo un descenso do 23% dos gases de efecto invernadoiro respecto a 1990 e lograr un sistema eléctrico con, polo menos, un 74% de xeración a partir de enerxías de orixe renovable.

Obxectivos da Ley de Cambio Climático e Transición Enerxética

Unha das principais finalidades desta norma é que España alcance a neutralidade de emisións en 2050, o que quere dicir que o seu balance de gases de efecto invernadoiro (GEI) sexa cero.

Dese modo, reflexa que de aquí a 2030 as emisións de GEI deberán reducirse como pouco nun 23% respecto a 1990 e nesa data, o 74% do sistema eléctrico debería xerarse a partir de enerxías de orixe renovable e mellorar a eficiencia enerxética nun 39,5% con respecto á liña de base da normativa comunitaria.

Doutra banda, en materia enerxética, a nova norma establece que a aplicación de beneficios fiscais a produtos enerxéticos de orixe fósil deberá estar «debidamente» xustificada «por motivos de interese social, económico ou atendendo á inexistencia de alternativas tecnolóxicas». A disposición destaca que se fomentarán os gases renovables como o biogás, o biometano e o hidróxenos, entre outros.

En materia de mobilidade, o reto está en alcanzar en 2050 un parque de turismos e vehículos comerciais lixeiros «sen emisións directas» de CO2, para o que a partir de 2040 non se poderá vender en España ningún destes que sexa propulsado por gasolina, diésel ou híbridos.

O sector do transporte na estrada, que xera o 25 por cento das emisións de CO2 deberá desenvolver unha rede de infraestruturas de recarga eléctrica que se instalará na «ampla» rede de 11.400 estacións de servizo, cuxos titulares que estarán obrigados a instalar –sempre que as súas vendas anuais de combustible superen os 5 millóns de litros– infraestrutura para recárga de coches con batería eléctrica.

As cidades de máis de 50.0000 habitantes e os municipios de máis de 20.000 con problemas da calidade de aire, estarán obrigados a contar con zonas de baixas emisións a partir de 2030.

Marxe de tempo

Nas cidades, os edificios deberán adaptarse ao novo escenario e para iso fomentarase a eficiencia enerxética dos mesmos, cun plan que prevé a rehabilitación do parque de vivendas, un aspecto no que a Lei tamén observa un motor de mercado e emprego.

As empresas deberán presentar plans de descarbonización gradual e informes de cumprimento dos mesmos, así como as comunidades autónomas terán que informar dos seus plans de enerxía e clima a partir do 31 de decembro de 2021.

Doutra banda, dáse o prazo de tres anos a contar desde este 22 de maio, para que se presente á Conferencia Sectorial de Medio Ambiente unha estratexia específica de conservación e restauración de ecosistemas e especies especialmente sensibles para os efectos do cambio climático, entre os que figurarán os ecosistemas naturais e as especies de alta montaña, os humidais terrestres españois, as praderías de posidonia e as zonas de ribeira dos ríos, así como aqueles que destaquen polo seu papel na adaptación ao cambio climático. Esta estratexia contará con liñas de financiamento adecuadas a través do Fondo do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.

A lei inclúe unha Estratexia de Transición Xusta que optimice as oportunidades na actividade e o emprego da transición, co obxectivo de que o proceso de descarbonización xere o menor impacto negativo posible.

A Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética busca reverter ou minimizar a xa declarada polo Parlamento español como “emerxencia climática”.