Cursos de formación preventiva para operadores de planta. ET 2004-1-10

Lugar: Galicia

Sedes:cinco localidades por determinar, en función da demanda

Data: febrerio-marzo de 2011

Horario (provisional): 20 h por curso repartidas en 4 días de dúas semanas consecutivas, a razón de 5 h/día: venres tarde e sábados mañá.

Organiza: Cámara Mineira

Colabora: Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Descrición:  A Instrución Técnica Complementaria 02.1.02 “Formación Preventiva para o Desempeño do Posto de Traballo”, do Regulamento de Normas Básicas de Seguridade Mineira, establece a formación mínima en materia de seguridade e saúde que deben posuír os traballadores de explotacións mineiras. Esta formación ten a consideración de habilitante para o desempeño do posto de traballo, polo que a súa realización é obrigatoria para a empresa e deberá actualizarse cunha periodicidade non superior a catro anos. No marco desta I. T. C. publicouse a Especificación Técnica 2004-1-10, que regula a formación que deben recibir os seguintes traballadores incluídos nos apartados 5.4 e 5.5 da mencionada ITC:

  • 5.4 Establecimientos de beneficio:

a. Técnicos titulados
b. Encargados e/ou vixiantes
c. Operadores de trituración/clasificación

d. Operadores de moenda

e. Operadores de estrío
f. Operadores de separación e concentración
g. Operadores de fornos
h. Operadores de mesturas i. Operadores de plantas de materiais para a construción
j. Operadores de plantas de rocas ornamentais
k. Operadores de laboratorio
l. Operadores de mantemento mecánico e/ou eléctrico.

  • 5.5 Postos comúns

a. Dirección
b. Técnicos titulados que non participan no proceso produtivo
c. Administración e persoal de servizos distintos aos de mantemento

Programa:

1º. Definición dos traballos (1 hora) Definición de todas as tarefas desenvoltas no posto de traballo.

2º. Técnicas preventivas e de protección específicas a cada posto de traballo particular (7 horas)

2.1 Perigos asociados ás tarefas definidas no apartado 1º, e en particular ás seguintes: a) Antes de comezar o traballo:

-Revisión do lugar de traballo

– Revisión do equipo, máquinas, accesorios e instrumental antes da súa posta en marcha, incluíndo os sistemas que inciden na súa seguridade

– Operacións básicas de mantemento

– Acceso ao posto de traballo ou aos puntos de mantemento

– Comprobación das instalacións eléctricas, hidráulicas e neumáticas

b)Durante o traballo: Comúns a todos os grupos a que se refire a presente especificación técnica:

– Preparación dos equipos para a execución dos traballos.

– Posta en marcha dos equipos.

– Alimentación de material aos equipos.

– Funcionamento dos equipos. Supervisión.

– Descarga de material dos equipos.

– Finalización dos traballos. Parada dos equipos.

– Resolución de problemas.

Específicas do grupo 5.4 letra m):

– Montaxe, posta en servizo, mantemento e revisión de equipos ou instalacións (eléctricas, hidráulicas e neumáticas). – Traballos especiais (Procedementos)

Específicas do grupo 5.4 letra l):

– Toma de mostras.

– Realización de análise e ensaios tendo en conta as posibles prescricións ou limitacións impostas polos fabricantes de cada equipo, instrumentación ou substancia en particular

2.2 Medidas preventivas acordes aos perigos asociados ás actividades anteriores.

2.3 Primeiros auxilios.

2.4 Plan de emerxencia e evacuación.

2.5 Procedementos de traballo seguro.

3º Equipos de traballo, equipos de protección individual ou medios auxiliares utilizados no posto de traballo (7 horas)

3.1 Coñecemento dos equipos, accesorios, máquinas ou instalacións.

3.2 Limitacións técnicas no uso previsto das máquinas ou instalacións, segundo especificacións do fabricante.

3.3 Elementos e sistemas de seguridade asociados ás máquinas ou instalacións. Exemplos:

− Bloqueos de seguridade.

− Controis de presión e temperatura dos sistemas principais.

− Indicadores de advertencia e perigo.

− Dispositivos de iluminación e indicación.

− Dispositivos de seguridade para o control e vixilancia do funcionamento dos equipos e dos seus accesorios.

− Manuais de instrucións.

3.4 Perigos residuais asociados a cada equipo de traballo en particular, especificados no manual de instrucións do equipo.

3.5 Medidas de prevención e protección indicadas polos fabricantes dos equipos, instrumental e substancias, no seu caso.

3.6 Posibles prescricións ou limitacións impostas polos talleres de reparación e/ou mantemento a cada equipo en particular.

3.7 Medidas incorporadas ao equipo en particular e aos accesorios en caso de adecuación ás disposicións establecidas no anexo I do Real Decreto 1215/1997.

4º Control y vigilancia sobre el lugar de trabajo y su entorno (2 horas)
4.1 Coñecemento de dispositivos de seguridade para o control e vixilancia do funcionamento dos equipos ou instalacións

– Manómetros.

– Termómetros.

– Indicadores de nivel.

– Panel de alarmas acústicas e luminosas.

4.2 Control e vixilancia do lugar de traballo segundo procedementos internos

5º Interferencias con outras actividades (2 horas)
Protocolos/procedementos establecidos cando se executen traballos de forma simultánea, en especial:

– Procedementos seguros de comunicación

– Traballos na proximidade de maquinaria ou outras persoal

– Reparacións, revisións e mantemento.

6º Normativa e lexislación (1 hora)
– Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigacións.

– Instrucións de traballo.

– Disposicións internas de seguridade.

Información cursos

Lexislación