ORGANIZACIÓN
ORGANIZACIÓN
A organización da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) está recollida no Capítulo II do seu Regulamento de Réxime Interior. Os órganos de goberno da Cámara son a Asemblea, a Xunta Directiva e o presidente.
A asemblea é o órgano supremo de goberno e representación da COMG. Forman parte das persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades mineiras, incluída a restauración do espazo afectado e o tratamento de residuos mineiros, dentro do ámbito territorial de Galicia.
A Xunta Directiva é o órgano permanente de xestión, administración e proposta da COMG. Os seus membros (non menos de 10 e non máis de 40) son elixidos entre todo o electorado da COMG, clasificado en grupos e categorías, segundo determine a asemblea, de forma que teñan representación todos os intereses mineiros. Os cargos de presidente, vicepresidente 1º, vicepresidente 2º, tesoureiro e contador son elixidos polos membros da xunta directiva.
A Xunta Directiva elixiu o 1 de marzo de 2021 os seguintes cargos:
Juan José López Muñoz
Strategic Minerals Spain
D. Mónica Rodríguez López
Porriñesa de Canteiras
D. José Antonio Valencia
Erimsa
D. Diego López González
Epifanio Campo, S.L.
D. Julio César Valle
Dirección: D.ª Arantxa Prado Santiago
Administración: D.ª Eva Barrientos Murias
Corresponden ao presidente as seguintes atribucións:
A COMG conta con comités de traballo que se encargan de cuestións específicas.
Ten a encomenda de realizar un seguimento do proceso de tramitación de novas normas e do proceso de implantación daquelas recentemente aprobadas que poidan ter incidencia no sector mineiro galego.
Ten a función de mellorar o coñecemento e a imaxe social do sector, así como establecer as directrices de comunicación, tanto externa como interna.
Ten a función de pór en valor o patrimonio xeolóxico e mineiro de Galicia a través de iniciativas de divulgación e promoción.
Ten a función de investigas novas técnicas e pór en marcha accións innovadoras que fagan ás empresas extractivas de Galicia máis eficientes e respectuosas co seu entorno.