ceramica-campo-1080x675

Cerámica Campo reduce nun 39% as emisións de CO2 na súa planta de Laracha

Cerámica Campo logrou un novo obxectivo no seu compromiso co desenvolvemento sostible e a redución de materiais de construción, conseguindo diminuír nun 39% as emisións de dióxido de carbono (CO2), na súa planta de Laracha (A Coruña) durante o 2020. Pasou de 6.000 toneladas emitidas en 2019 ás 3.758 do pasado exercicio.

Esta fábrica de Cerámica Campo ten xa a catalogación de IBE (instalación de baixas emisións) ao producir unha cantidade inferior ás 25.000 toneladas anuais de CO2. Esta mellora débese á introdución de biomasa na fase de cocción de ladrillo, unha fonte de enerxía renovábel, neutra a efectos da emisión de CO2.

Esta acción enmárcase dentro do concepto de economía circular ao realizar un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles e unha redución do consumo de materias primas non renovábeis. Unha das accións implantadas polo grupo, onde tamén destaca a creación de hortos solares en terreos restaurados para a produción eléctrica e plantas de coxeración e fotovoltaicas para autoconsumo co obxectivo de minimizar o consumo enerxético nos activos industriais.

Cerámica Campo pretende levar a súa política ambiental a todas as fases do seu proceso produtivo. Por iso, ademais de incluír melloras nas súas fábricas, desenvolve materiais de construción ecoeficientes, coma termoarxilas, utilizadas nos edificios de consumo case nulo ( EECN) e Passivhaus; e pavimentos de formigón fotocatalíticos, que achegan valor á sociedade creando cidades máis verdes grazas a unha tecnoloxía que neutraliza parte dos óxidos de nitróxeno, xofre e compostos orgánicos volátiles emitidos como consecuencia do tráfico, axudando así a mellorar a calidade do aire.