05 Mar Celebrouse a XXI edición do Foro Tecnolóxico de Emprego
A semana pasada tivo lugar o Foro Tecnolóxico de Emprego, unha iniciativa creada polas delegacións de alumnos das Escolas Técnicas Superiores de Enxeñería de Telecomunicación, Industriais e Minas da Universidade de Vigo, co obxectivo de facilitar o acceso ao mundo laboral os futuros titulados da Universidade.
Trátase dun evento creado polo estudantado para o estudantado.
Este ano, o Foro, que cumpría o seu XXI edición foi telemático debido á situación actual. Pero un ano máis, estiveron presentes tanto a Cámara Oficial Mineria de Galicia, como outras entidades do sector mineiro como o Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos, Arigal ou Acluxega; todos eles na caseta da Universidade de Vigo.
Grazas a este evento as empresas e entidades participantes poden ter contacto cos universitarios, para orientalos no seu futuro laboral e resolvendo todas as súas dúbidas.