norma-une-erimsa

As empresas mineiras de Galicia avanzan hacia a sustentabilidade coa implantación das Normas UNE de Xestión Mineira Sostible

Cada vez son máis as empresas mineiras que queren ir máis aló no seu compromiso coa sustentabilidade e lánzanse a implantar as normas UNE 22480 e UNE 22470 de Xestión Mineira Sostible, renovadas en 2019.

A Xunta de Galicia e a Cámara Oficial Mineira de Galicia impulsan o desenvolvemento destas implantacións a través dun convenio de colaboración.

Estas normas baséanse na xestión sostible das explotacións mineiras desde o punto de vista económico, social e ambiental.

Na actualidade as empresas que están a centrar os seus esforzos na obtención das certificacións UNE son Canteras de Richinol, Canteras del Arenal, Magnesitas de Rubián, Cobre San Rafael, Prebetong Lugo, Tejas Verea, Epifanio Campo, Refractarios Campo, Pasek Minerales e Explotación de Rocas y Minerales SA.