13 Out Aberto o período de consulta da nova lei do chan de Galicia
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas acaba de abrir a fase de participación pública da nova Lei do Sueo de Galicia, coa publicación no seu portal web do anteproxecto aprobado a pasada semana polo Consello da Xunta.
A normativa, redactada pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, ten como obxecto a protección e a ordenación urbanística de Galicia. O texto da nova lei pode descargarse a través da ligazón http://www.cmati.xunta.es/disposicions, na que tamén se pode obter o formulario para o envío de suxestións e información das vías para facerllas chegar ao departamento competente.
A Cámara Oficial Mineira de Galicia puxo xa en coñecemento do Comité de Normas a dispoñibilidade do documento para que proceda á análise da súa compatibilidade co desenvolvemento de minaríaa no territorio galego.