Webinar oipe arigal

A OIPE e ARIGAL organizan un webinar sobre a transformación dixital do sector dos áridos

O próximo martes, 6 de maio, ás 10:00h, vía Zoom, terá lugar o webinar ‘Retos e oportunidades na transformación dixital do sector dos áridos’, organizado pola Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE) da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), da man da Asociación Galega de Áridos (ARIGAL).

Na xornada participarán expertos na dixitalización do sector, e tratarase o panorama actual e a importancia económica e social do sector, as aplicacións da intelixencia artificial na industria, o contexto actual en Galicia, os retos e perspectivas de futuro, e o impacto das Tecnoloxías 4.0.

Para participar, é necesario cubrir o formulario de inscrición antes do 3 de maio. Nos días previos á celebración do webinar, os participantes recibirán a ligazón de acceso.
Para calquera dúbida ou información adicional, podes contactar a través dos correos electrónicos camaraimpulsa@camaraminera.org ou cmg@camaraminera.org.