mina_supermetales-coltan

A minería metálica: un revulsivo para a España baleirada

Sharing is caring!

Certas rexións de España como Galicia e Estremadura presentan grandes xacementos de metais, minerais estratéxicos para a industria e o desenvolvemento. Así, a chamada España baleirada constitúe a despensa europea de metais estratéxicos do futuro como as terras raras, o coltán, o cobalto, o litio ou o telurio. Segundo o inventario do IXME (Instituto Xeolóxico e Mineiro de España), o 80% dos indicios destes xacementos minerais áchanse en zonas deshabitadas.

A explotación destes xacementos supoñería a creación de ata 25.000 novos postos de traballo en comarcas despobladas, segundo os empresarios do sector. Desta maneira crearíase unha cadea de valor a partir de materias primas moi escasas en Europa, pero fundamentais para desenvolver coches eléctricos, baterías de móbiles, satélites espaciais…

Por rexións, gran parte destes materiais atópanse en Galicia e no sur de Estremadura. A provincia de Ourense conta coa maior reserva europea do coltán, un metal considerado o ouro negro do momento, a explotación situada en Viana do Bolo está aliñada cos principios da economía circular, xa que aproveita os entullos dunha antiga mina.

Así mesmo, as investigacións xeolóxicas sitúan presenza de terras raras no Monte do Galiñeiro (Pontevedra) e de litio en certos municipios de Pontevedra e Ourense. A súa explotación convertería a España no segundo país da Unión Europea produtor de terras raras, por detrás de Finlandia.

Segundo Vicente Gutiérrez Peinador, presidente da Confederación Nacional de Empresarios da Minería e a Metalurxia ( Confedem), volver ás vellas minas supoñería un investimento de ata 8.000 millóns de euros e crear ao redor duns 25.000 novos empregos.

A explotación sostible destes recursos supoñen unha oportunidade para reactivar o rural galego, fomentar a industria e liderar o camiño cara á transición ecolóxica.