07 Abr A directiva da COMG reúnese coa directora do GAIN
Esta semana o presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Juan José López Múñoz e o seu director, Miguel Fortúnez Garea, reuníronse coa directora do GAIN (Axencia Galega de Innovación), Patricia Argerey Vilar, como primeiro contacto do Presidente da Cámara coa Axencia.
Nesta reunión tratouse de amosar a dispoñibilidade da COMG para servir á Axencia Galega de Innovación coma unha ferramenta que poida dar a coñecer o punto de vista do sector mineiro e as súas necesidades.
O que se pretende é que a Axencia Galega de Innovación teña en conta a esta industria para a redacción de novas convocatorias, así como para difundir entre toda a comunidade mineira aquelas axudas e eventos que poidan resultar de interese.