dia-ciencia-calle-camara-minera

A COMG participou na XXIV edición do Día da Ciencia na Rúa

A COMG participou na XXIV edición do Día da Ciencia na Rúa, que se celebrou o pasado día 4 de maio no parque de Santa Margarita, co obxectivo de popularizar o coñecemento científico e presentar a ciencia coma un xogo. O evento foi organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e Museos Científicos Coruñeses coa financiación da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.

A xornada, protagonizada principalmente por estudantes e profesores de 47 centros educativos e 14 municipios, pretendeu achegar aos asistentes ao mundo científico dunha forma lúdica.

En total houbo 55 postos, xa que tamén participaron outras entidades colaboradoras entre as que se encontra Minaría Sostible de Galicia. Esta plataforma divulga a necesidade da actividade extractiva a promove as boas prácticas, amosando a riqueza dos recursos xeolóxicos de Galicia, así coma as fases implicadas no seu aproveitamento mineiro.

O posto de Minaría Sostible de Galicia, que participou por segundo ano, contou tanto con recursos teóricos como prácticos, para que nenos e nenas xogaran e aprenderan acerca das fases de prospección e extracción, así como para que coñeceran a maquinaria utilizada durante estas labores. O Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME) tamén colaborou neste posto, tratando de espertar a paixón pola ciencia nos cativos e amosar a estreita relación entre o territorio galego, o seu patrimonio e o sector mineiro.

Os participantes abordaron a través de experimentos variados, realidades e retos presentes na sociedade actual, tales como a problemática do plástico no medio ambiente, o cambio climático ou a robótica.