COMG_MUSEO_QUIROGA

A COMG participa na inauguración da ampliación do Museo Xeolóxico de Quiroga

O pasado sábado tivo lugar o acto de reinauguración do Museo Xeolóxico Quiroga en Lugo. O edificio foi sometido a unha ampliación que permitiu dobrar a superficie expositiva do inmoble e a creación dunha aula de audivisuales con capacidade para 30 persoas.

O director da COMG, Miguel Ángel Fortúnez, acudiu en representación da entidade para dar apoio a este proxecto, que é un dos eixos centrais do Geoparque Montañas do Courel.

O Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos tamén participou no acto, Manuel Regueiro, presidente da entidade, e Pablo Núñez, delegado en Galicia, foron os representantes da entidade.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, quixo agradecer á Xunta de Galicia a súa colaboración na reforma do museo. “Nós desapareceremos co tempo, pero este museo xeolóxico permanecerá para as próximas xeracións”.

Na xornada tamén participou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, que indicou que “este é un paso máis no crecemento deste museo, pero non será o último”. Román Rodríguez destacou o valor que representa esta zona a nivel xeolóxico e como oportunidade para o desenvolvemento económico. “Este museo non só é unha porta aberta á xeoloxía do Courel, senón tamén unha porta á Ribeira Sacra”, declarou.

Entre as novidades destaca unha sala dedicada ás ocupacións humanas en Galicia e no territorio do xeoparque. Nela pódese ver unha réplica a escala de Elba, unha pastora courelá que viviu fai uns 9.700 anos e cuxos restos foron descubertos nunha cova chamada Sumido do Chan do Lindeiro, entre Ou Courel e Os Ancares. Elba é o primeiro fósil humano feminino do Mesolítico.

A sala en cuestión leva o nome do xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní, quen xunto á paleontóloga Aurora Grandal e outros membros do equipo foron os encargados do estudo dos restos de Elba. Vidal Romaní, profesor emérito da Universidade da Coruña, mostrou o seu agradecemento e indicou que o museo quirogués é “a porta de entrada do caurel antigo. Aquí pódese ver a zona máis antiga de Galicia, as primeiras masas de terra que emerxeron dos mares”.

O equipo de Vidal Romaní descifrou a partir dos restos óseas achados, o aspecto e a idade da pastora do Mesolítico. Tiña entre 20 e 40 anos; tamén se puido saber a súa altura, a cal era de apenas metro e medio; a cor escura dos seus ollos, pel e cabelo ou por exemplo que sufría intolerancia á lactosa ou que non comía carne.

Polo coláxeno dos seus restos fósiles concluíuse que procedía dun territorio granítico bastante próximo á paisaxe calcáreo no que morreu, e xeneticamente estaba emparentada con outros restos achados no norte de Portugal. Pero a súa pel escura (como a dos devanceiros africanos do Paleolítico dos que todos os humanos proveñen) remite tamén á imaxe do coñecido Cheddar Man, o antepasado dos británicos que se conserva no Museo de Historia Natural de Londres.