catastro-minero-nuevo (1)

A COMG lanza o novo Catastro Mineiro de Galicia

Desde esta semana está activo o novo Catastro Mineiro de Galicia. Está dispoñible neste link e e todos aqueles que desexen consultalo, poderán facelo á través desta web.
  • Na páxina principal: https://camaraminera.org/  (Pulsando sobre a ventá ‘Catastro Mineiro de Galicia’)
  • Ou ben, pulsando no menú superior en Servizos>Catastro Mineiro>Catastro Mineiro de Galicia.
Este novo visor foi desenvolto cunha tecnoloxía que permite:
  • Unha correcta visualización en calquera navegador.
  • A adaptación a calquera dispositivo móbil.
  • Unha experiencia máis amigable para o usuario.
  • Unha navegación sinxela e intuitiva.
Ata o 31 de decembro, data en que quedará obsoleta a tecnoloxía coa que foi construído, tamén estará dispoñible o antigo Catastro Mineiro de Galicia na seguinte ruta Servizos>Catastro Mineiro>Antigo Catastro Mineiro de Galicia.