01 Abr A COMG busca técnico/a de minas
A Cámara Oficial Mineira de Galicia ( COMG) abriu unha candidatura de emprego para unha incorporación inmediata. O perfil buscado ha de posuír unha titulación específica de Máster ou Grao en Enxeñería de Minas, Xeoloxía ou titulación similar con experiencia no sector mineiro.
A persoa selecciona para o posto, encargarase da xestión de todas as actividades e operacións da entidade, tanto no relativo á execución de proxectos, relacións coas administracións; e cos membros e socios da COMG.
REQUISITOS
O candidato deberá contar cunha experiencia mínima de 4 anos en xestión ou dirección de proxectos de minas e/ou procura e solicitude de axudas, subvencións e financiamento pública. Así como coñecementos en Sistemas de Xestión da Calidade e do Medio e Prevención de Riscos Laborais.
- Dispoñibilidade para viaxar.
- Carné de conducir B.
- Residencia: Área metropolita da Coruña ou de Santiago de Compostela.
- Idiomas: Bilingüe castelán/galego. Valorarase inglés.
- Dedicación: Tempo completo.
- Manexo avanzado de Office 365 e ERPs. Competencias destacadas: Traballo en equipo, capacidade de negociación, comunicación. iniciativa, flexibilidade e planificación.
OFRÉCESE
- Incorporación inmiediata.
- Contrato indefinido.
- Remuneración segundo valía.
- Ubicación: Presencial en A Coruña e remoto.
As persoas interesadas deberán enviar a súa candidatura antes do día 11 de abril a rrhh@camaraminera.org, achegando CV, carta de presentación e referencias.